Información sobre movementos de cans, gatos e furóns ao Reino Unido

Categoría: Noticias veterinarias

Como saben, desde o 1 de xaneiro o Reino Unido é un país terceiro para a Unión Europea. Isto ten consecuencia na documentación esixida para os desprazamentos de cans, gatos e furóns con finalidade comercial.

Aos efectos presentes, considéranse como movementos con finalidade comercial:

* Os que teñan finalidade comercial per se
* Os que non vaian acompañados pola persoa propietaria ou autorizada
* Os movementos que consten de máis de 5 animais
* Os movementos producidos por adopción ou traslado a centros de adopción, acollida, santuarios ou similares.

Neste tipo de movementos os animais deberán acompañarse, ademáis dos pasaportes actualizados, dun certificado de exportación emitido polos Servizos Veterinarios Oficiais das áreas de Agricultura das Subdelegacións ou da Delegación do Goberno(dependentes do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, MAPA),certificado que deberásolicitar o interesado previamente a través da plataforma CEXGANdo MAPA. Nosseguintes enlacespódeseatopar información relacionada co movemento deste tipo animais cara ao Reino Unido, así como o acceso a CEXGAN:

https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/comercio-exterior-ganadero/desplazamiento-animales-compania/

https://servicio.mapa.gob.es/cexgan/Acceso.aspx

Para a emisión do certificado de exportaciónao Reino Unidoé necesario presentar aos Servizos Veterinarios da área de Agricultura un certificado emitido polos Servizos Veterinarios Oficiais (SVO) da Consellería do Medio Rural, sendo necesario para emitir este último, que o propietario do animal aporte, entre outra documentación e información, uncertificado emitido por un veterinario clínico colexiado, para o que se deberá utilizar o modelo normalizado, editado polo Consello Xeral de Colexios Veterinarios. Nel, o veterinario clínico certificará:a data da inspecciónclínica, a especie,a identificación do/s animal/is (números de identificación),queestesnon presentan signos de enfermidade infectocontaxiosa e que se atopan en condicións de realizar a viaxe. É importante sinalar que a inspecciónclínicadeberaserealizardentro das 48 horas anteriores á data do envío.

Basicamente, o trámite a realizar pola persoa propietaria dos cans, gatos ou furóns quedesexe trasladalos confinalidade comercial ao Reino Unido sería o seguinte:
1. A persoa interesadapropietaria ou autorizada, ademáis de ter os pasaportes dos animais actualizados en canto aos requisitos para viaxar ao Reino Unido (pódense consultar no primeiro enlace indicado), deberá dispor do certificado do veterinario clínico indicado nopuntoanterior.
2. Unha vez obtido o certificado do veterinario clínico, debecontactar coServizo Veterinario Oficial (SVO) da Consellería do Medio Rural na Oficina Agraria Comarcal que corresponda á localización do establecemento de saída,para a emisión duncertificadooficial,presentando previamente unha solucitude de emisión do ditocertificado (modelo PR004A) de xeito presencial ou a través da SedeElectrónicada Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Será necesarioque o propietario achegueo certificado do veterinario clínico, os pasaportes dos animaisasí como osdatos relativos ao establecemento de orixe. No caso de que a saída do territorio da Unión Europea serealicea través dun punto situado noutro Estado membro (por exemplo, que viaxen ao Reino Unido por estrada a travésde Francia e saian do territorio UE poloEurotúnel), os SVO da Consellería do Medio Rural deberán emitir, ademáis, uncertificado sanitario oficialINTRA-TRACES que ampare otránsitopor ese outro Estado membro.
3. Finalmente, toda a anterior documentación xunto cos pasaportes, deberá presentala diante dosSVO da área de Agricultrua da Subdelegación do Goberno,quen lle expedirán o certificadode exportación, que será o que debe acompañaraos animais.

No caso de movementos non comerciais (menos de 5 animais acompañados do propietario ou persoa autorizada, sen ánimo comercial),requírese igualmente uncertificado de exportación emitido polos SVO das áreas de Agricultura das Subdelegacións do Goberno, debendo taménaportara persoa propietariauncertificado emitido por un veterinario clínico colexiado. Neste caso, os SVO da Consellería do Medio Rural non realizarán ninguna actuación, non sendo precisopolo tanto a emisión de ningún certificado oficial polo SVO.

Entendemos que difundir esta información entre o persoal veterinario colexiado e en especial oque presta servizos cospequenos animais, pode ser de interese para os Colexios Veterinrios Oficiais.

Poden contactar co Servizo de Sanidade Animal para calquera dúbida que teñan.

Entrevista Juan José Gómez (Presidente Colegio Oficial de Veterinarios de Ourense)

Categoría: Noticias veterinarias

Entrevista publicada el día 22 de septiembre de 2015 en el periódico La Región con Juan José Gómez, presidente del Colegio Oficial de Veterinarios de Ourense.

Descargar

EntrevistaJJGomez